Estamos aquí para axudar. Visítanos ou ponte en contacto connosco.
Edificio Área Central, Praza de Europa 1º andar local 28-M 15707 Santiago de Compostela
+34 698 11 99 98
psicoloxiaclaves@gmail.com
De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:30
As sesións teñen unha duraciónde entre 60 e 90 minutos.
É o tempo necesario para poder traballar con calma e profundidade, sen présas. Ás veces usaremos todo ese tempo e quizais algunha sexa algo máis curta, dependendo da fase da terapia.
Ao principio, case invariablemente, as primeiras sesións adoitan ser unha cada 15 días, máis adiante iranse espazando cada tres semanas, 1 mes, mes e pico… segundo mellora a situación.
A terapia breve céntrase en atopar solucións prácticas e efectivas no menor tempo posible, pero sen apurarnos nin meternos présas, non é unha carreira (se fora unha carreira sería máis de fondo que de velocidade)
Traballamos para entender o mellor posible o que podería estar sucedendo, e sobre todo para poñer en marcha cambios reais usando os teus propios recursos e toda a axuda que se precise.
Podes facelo chamando, enviando un WhatsApp ou correo electrónico, solicitandoa directamente desde a páxina, ou cubrindo o formulario de contacto da web.
Responderémosche o antes posible para concertar unha primeira sesión.
Traballamos con dificultades emocionais, ansiedade, estrés, autoestima, problemas de parella e familiares, comunicación en xeral, duelo, adaptación a cambios vitais, entre moitos.
Por suposto. O que se fala en sesión non sae da mesma. Todo o que se comparte en sesión é estritamente confidencial, conforme á ética profesional e á normativa de protección de datos.
O custo das sesións é de 70€ a 1ª e 60€ as seguintes. Pódese pagar en efectivo ou con tarxeta.