Un centro de psicoloxía facilitador,
de axuda, consello ou
guía dependendo do
que cada persoa busque

O noso centro de psicoloxía de Santiago de Compostela está deseñado para proporcionar un ambiente de apoio para a saúde mental.

Espazo no que entre todos iremos buscando que pode ser o máis indicado para cada un en cada momento, porque en Claves os obxectivos os pon cada persoa.

Unha das bases do traballo dos psicólogos en Claves é entender  a situación concreta de cada un, e todo o que a rodea, para adaptar as solucións a ese contexto determinado. 

Se decides elixirme coma o teu psicólogo en Santiago, meu traballo será centrarme nunha atención totalmente individualizada, algo necesario para satisfacer as necesidades de cada persoa.

Como psicólogo e ao traballar en psicoterapia, para min é esencial saber que a vida de cada persoa é única. Por exemplo, unha persoa pode buscar terapia para a ansiedade derivada do estrés laboral, mentres que outra pode estar a lidar con problemas de relación; a pesar de sufrir momentos de ansiedade as dúas persoas, pode non ter moito que ver entre si as posibles solucións.

Adaptar o noso enfoque para satisfacer estas diferencias é fundamental para o noso traballo en Claves. Por exemplo, en situacións nas que un cliente se sinte superado polas súas responsabilidades, hai moitas posibles formas de enfrontar/capear esa situación, o asunto é ir atopando que lle resulta máis útil a cada un.

En ocasións pódese requirir unha axuda máis ampla da contorna máis próxima do/da cliente. Os máis achegados (parella, familia…) poden resultar de axuda e, en parte, claves importantes na mellora, polo que pode ser que ás veces, en determinadas ocasións, solicitemos á súa asistencia como invitados, pero só se esas persoas queren, ninguén vai estar nunca obrigado de ningún xeito.

Esta situación estará baseada en criterios operativos para a solución dos problemas de cada un, e só mentres o terapeuta o considere útil ou apropiado.

A nosa filosofía

En Claves entendemos a psicoloxía como un proceso compartido. Cada persoa chega ao psicólogo coa súa historia única, e o noso traballo consiste en ter moi en conta o ritmo de cada un, os seus intereses, desexos e necesidades. O máis importante no Centro de Psicoloxía Claves son as persoas que acoden, por iso mesmo a terapia adáptase a cada persoa en particular e ás circunstancias que as rodean no momento de acudir a psicoterapia.

En Claves ofrécese axuda para unha ampla variedade de dificultades e problemas que calquera persoa pode atopar ao longo da súa vida.

Todas as persoas teñen recursos para afrontar os retos ou problemas que podan aparecer ao longo da vida, ás veces custa atopalos aínda que estean aí, aquí buscamos axudar a que iso suceda.

O traballo consiste en acompañarvos, e axudar en todo o posible.

O espazo

Descubre o espazo do Centro de Psicología en Santiago, Claves. Está situado dentro do complexo Área Central, no primeiro andar, dentro do barrio de As Fontiñas de Santiago.

Buscamos ofrecer un ambiente agradable e profesional e intentamos reunir as condicións axeitadas para ese momento no que alguén decide acudir en busca de “axuda externa”. O espazo é importante, e Claves intenta ser un sitio agradable e cómodo, pero o trato é aínda máis importante e niso sempre intentamos esmerarnos.

Quen está detrás?

centro de psicoloxía

Carlos Vila García

Psicólogo responsable do centro

Nº de colexiado: G-4718
Rexistro Sanitario: C-15-004375

Licenciado en Psicoloxía Clínica e Psicopatoloxía pola USC e terapeuta familiar sistémico polo Centro Cambio de Vigo. Con formacións regulares en distintos aspectos da psicoterapia ao longo dos anos, buscando mellorar o meu traballo con novas aportacións, aparte do que sempre saco da propia experiencia como psicoterapeuta.

Máis de 20 anos acompañando coma psicólogo en Santiago de Compostela a persoas, parellas e familias en distintas clínicas e contextos.

Procuramos manter unha formación continuada para mellorar a nosa atención, aínda que a maior e máis importante formación é o propio traballo, que nos dá un feedback continuo.

Ao longo dos anos, aparte da miña formación permanente en terapia breve e estratéxica, atopeime con numerosos casos que deron forma á miña maneira de abordar a terapia. Por exemplo, en certa ocasión traballei cun home que xa acudira a varios psicólogos e psicólogas e tiña determinadas melloras puntuais pero duraban breves períodos de tempo, e o mesmo me pasou a min ás poucas sesións. 

Foi necesario facer unha boa investigación do que fixeron eses terapeutas anteriores e do que estaba a facer eu mesmo para darme conta que todas estabamos facendo o mesmo e o “lóxico” para un caso semellante, pero que había que ter en conta que, se non funcionaba, algo diferente habería que facer, algo que se escapaba á lóxica máis convencional e establecida: usar unha lóxica un pouco diferente.

 Conseguiuse desatascar a situación e lograr algo máis de estabilidade. Estas experiencias subliñan a importancia dunha terapia personalizada que se adapte ás circunstancias de cada individuo, e que é importante cuestionarse un mesmo se as cousas non van por onde se espera que deberían ir, e por onde ao cliente lle gustaría que foran.
Tamén vai ser moi importante fixar obxectivos viables e alcanzables, e esa é unha parte importantísima do traballo.

centro de psicoloxía

Tomás Gómez Rodríguez

Psicólogo colaborador no Centro

Nº de colexiado: G-5448

Licenciado en Psicoloxía Clínica e Psicopatoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela formado no Centro de Psicoloxía Sistema de A Coruña como terapeuta sistémico.

Formado no eido deportivo, polo Máster de Psicoloxía Deportiva da UNED.

Na actualidade completa a súa formación no Máster de Psicoloxía do Coaching.

Psicólogo Deportivo no Clube Patinaxe Fontiñas e psicólogo deportivo persoal de distintos deportistas de varias disciplinas diferentes.

A miña traxectoria no campo da psicoloxía tamén me levou a apreciar a importancia do adestramento da resiliencia. No meu traballo con atletas, fago fincapé nos aspectos mentais do rendemento e en como o acondicionamento psicolóxico pode ser tan vital como o adestramento físico. Por exemplo, ensinar estratexias de afrontamento para xestionar a presión durante as competicións axudou a moitos atletas a mellorar o seu rendemento e manter o benestar mental.

Ademais, adoito destacar a importancia de establecer obxectivos realistas no proceso terapéutico. Os clientes poden sentirse desanimados se establecen expectativas inalcanzables para o seu progreso. Ao traballar xuntos para establecer fitos alcanzables, podemos celebrar pequenas vitorias que motiven o esforzo continuo e fomenten unha perspectiva positiva cara á súa viaxe cara á saúde mental.

No noso centro de psicoloxía, celébrase cada paso cara á saúde mental.

Se queres, podes dar o primeiro paso hoxe

Estamos aquí para acompañarte, nun espazo de confianza e profesionalidade adaptado ás túas necesidades. Se estás disposta a dar ese paso que o teu benestar merece..

O noso centro de psicoloxía intenta ofrecer un espazo seguro e agradable para intentar a maior mellora posible da túa problemática ou as túas dificultades.

Dar o primeiro paso, tomar a decisión de acudir a terapia, pode ser duro xa que sempre intentamos facer as cousas por nós mesmos coa mínima axuda externa, pero unha vez tomada pode resultar moi útil. Moitas persoas notan bastante alivio na súa situación despois da súa primeira sesión, o reto e manter iso e ir mellorando, cousa que se vai facer con calma e altibaixos, case nunca vai ser un proceso estable ao principio. En Claves é importante dar ese espazo acolledor e comprensivo, sen xulgar, para poder falar de pensamentos, sentimentos e o que se necesite, sempre vai ser decisión de cada cliente o que queira falar aquí.

Ademais da terapia individual, tamén facemos terapia de parella, e en ocasións, se ese fora o caso, e tivera fundamento, podemos ver a dúas xeracións dunha mesma familia.

A idea de Claves é acompañarte e axudarte nun espazo profesional e da mellor confianza posible e adaptado ao que necesites. Se estás disposta a dar ese paso para buscar melloras no teu día a día ou, nun problema puntual ou nunha situación de fondo e máis global… aquí estamos.

A colaboración entre terapeuta e cliente é vital para obter bos resultados, por iso buscamos adaptarnos nós a vós, garantindo, na medida do posible, que as túas necesidades e desexos para a terapia sexan a parte máis importante da nosa estratexia de traballo, por iso os obxectivos os poñedes vós e os traballamos en conxunto.